El Viejo Caracol | Rock alternativo

9/Jan/2015 - 11:55pm

El Viejo Caracol | Rock alternativo

Fojo: voz, guitarra; Miguel Pita: guitarra eléctrica, zanfona; Ramón Ibáñez: baixo; Erico Pose: batería; Agostiño Fraguío: outros instrumentos de percusión.

El Viejo Caracol Nace no 2008. En marzo do 2009, Óscar Fojo, cantante e compositor do grupo, gaña o I Certamen de Cantautores Xpressionk!!! e con el a gravación dun disco, a presentación do cal tivo lugar na FNAC da Coruña o 25 de setembro do 2009, e a correspondente xira de concertos polo país. Tras esta grata experiencia, o grupo continúa co seu labor musical e compón novos temas. Segue ofrecendo concertos e, en marzo do 2011, grava o seu segundo disco, Autopía, nos estudios Abrigueiro de Friol (Lugo). No verán do 2012, volve estar de xira e actúa en El Kiebro (Fuenlabrada), El Calvario (Madrid), Festa do PCG (Ferrol), Festival Pardiñas Rock (Pardiñas), Teatro Jofre (Ferrol) e Festival de la Luz (Boimorto). No 2013 a banda foi elixida gañadora do concurso NovoSon da Radio Galega, isto levouna a participar na XVIII edición do Derrame Rock o 28 de xuño en Benposta (Ourense). Velaquí a traxectoria de El Viejo Caracol a grandes liñas, e o que queda por vir está aínda por contar.